Rueda anuncia que a Xunta eleva a nivel medio o Plan de Contaminación Mariña Camgal

09 Xaneiro 2024

O presidente visitou esta mañá a praia de Espiñeirido, en Porto do Son (A Coruña), unha das praias ás que teñen chegado pellets do mercante Toconao. Rueda anuncia que a Xunta eleva a nivel medio o Plan de Contaminación Mariña Camgal

Traslada a “petición expresa” ao Goberno central de que se centre na recollida dos pellets no mar para evitar que os residuos de plásticos cheguen á costa

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que o Goberno galego eleva a nivel medio o Plan Territorial de Continxencias por Contaminación Mariña Accidental (Camgal) co obxecto de que o Goberno central actúe no mar para evitar deste xeito que máis pellets cheguen á costa. 

“Trátase de traballar e colaborar entre todos”, defendeu o mandatario galego sobre esta medida que deu a coñecer na Estrada (Pontevedra), tras visitar esta mañá a praia de Espiñeirido, en Porto do Son (A Coruña), unha da praias ás que teñen chegado estes residuos. Precisamente, salientou que máis de 200 profesionais da Administración autonómica, en colaboración cos concellos, están levando a cabo de forma monitorizada a limpeza destes pequenos plásticos en praias de 33 concellos. “A Xunta traballa cos concellos na limpeza das praias, o que lle pedimos ao Goberno central é que colabore tamén”, solicitou. 

O presidente galego lembrou que a Xunta activou o plan Camgal o 3 de xaneiro, no mesmo día que o Goberno central lle comunicou esta vertedura por parte do mercante Toconao fronte as costas de Portugal. No entanto, aclarou que decidiu agora elevalo a nivel medio por ser o “requisito” por parte do Executivo estatal para colaborar na recollida destes residuos de plásticos. “A Xunta non ten ningún problema en facelo”, asegurou, pero fixo a “petición expresa” ao Goberno central de que leve a cabo os seus traballos e esforzos no mar —por ser onde ten competencias exclusivas— co obxecto de que, deste xeito, se impida que cheguen á costa “todos estes sacos que están no mar”.

“Hai sacos que non chegaron ás costas e o momento de recollelos é agora que está no mar e as correntes destes días van facelo todo máis fácil”, argumentou ao respecto, ao tempo que amosou o compromiso da Xunta en seguir traballando na recollida dos pellets e colaborando cos concellos, e incrementar os esforzos neste eido se é necesario.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.