A edición XIII da Ruta do Nadal BTT celebrase en Ribeira este domingo 7 de xaneiro con saída e chegada dende o Complexo Deportivo A Fieiteira. O Concello de Ribeira organiza esta ruta en colaboración coa asociación de veciños de Carreira, Arousa Neo, Os Saltamontes Sportbike e Dalle Pedal, co propósito de “dar a coñecer algúns dos enclaves naturais do noso territorio á vez que se fomentan os valores deportivos”, explicou o concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, engadindo que na actividade facilítase unha toma de tempos pero será única e exclusivamente a nivel informativo; non acadando premio ou trofeo algún segundo orde de chegada.
Dende a organización poranse dous avituallamentos en ruta, dous trazados con distintas distancias e dous puntos de apoio mecánico para calquera avaría.
Os participantes poderán escoller entre dous percorridos (30 e 50km) con diferentes niveis de dificultade.




