Últimas prazas para as formacións en Servizos de Bar e Cafetería e Atención Sociosanitaria a persoas no domicilio de Boiro

05 Xaneiro 2024

O Concello de Boiro leva a cabo durante o curso 2023/2024 accións formativas dirixidas a mellorar a cualificación de persoas desempregadas. O prazo de inscrición para participar nas formacións de Servizos de Bar e Cafetería e Atención Sociosanitaria a persoas no domicilio está aberto.

O curso de Servizos de Bar e Cafetería é de 658 horas de duración e impartirase no Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira entre o 15 de xaneiro e o 17 de xullo en horario de tardes de 15.00 a 20.00 horas.

A formación en Atención Sociosanitaria a persoas no domicilio é de 618 horas de duración e vaise impartir no mesmo centro, que conta con aulas homologadas para a formación práctica, entre o 22 de xaneiro ao 22 de xullo, en horario de 15.00 a 20.00 horas.

O obxectivo destas accións formativas, segundo informou o Concello, “é mellorar a cualificación profesional das persoas traballadoras e mellorar as competencias profesionais relacionas cos requirimentos de produtividade e competitividade das empresas, as necesidades de adaptación e cambios dos sectores produtivos e á inserción laboral”.

En ambos os dous cursos vaise desenvolver un módulo transversal de Inserción laboral, sensibilización ambiental e na igualdade de xénero, un módulo formativo sobre igualade de oportunidades entre homes e mulleres e sobre corresponsabilidade familiar e doméstica. Ademais, todas as accións formativas contan con prácticas profesionais non laborais en empresas.

As inscricións están abertas e toda a información sobre as formacións na web municipal, www.boiro.gal, ou no Departamento de Emprego, accesible a través do enderezo electrónico emprego@boiro.gal ou o teléfono 981 84 26 09.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.