Aberto o prazo de inscrición do curso de atención sociosanitaria a persoas no domicilio do Concello de Boiro

15 Decembro 2023

O Concello de Boiro desenvolve un curso de atención sociosanitaria a persoas no domicilio de nivel 2. O curso comezará o vindeiro 22 de xaneiro e as inscricións para participar están xa abertas, segundo confirmou o Concello.

A formación vaise levar a cabo nas instalacións municipais no Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira, entre o 22 de xaneiro e o 22 de xullo de 2024 en horario de tarde, de luns a venres de 15.00 a 20.00 horas.

Este curso de nivel 2 está destinado a persoas que desexan ampliar os seus coñecementos e obter unha titulación no ámbito sociosanitario. Os requisitos para poder participar son contar con estudos de nivel ESO, competencias clave nivel 2 ou dispor dun certificado de profesionalidade da mesma familia nivel 1.

Este é o terceiro dos cursos AFD que o Concello de Boiro desenvolve na anualidade 2023-2024. Para o curso de Servizos de Bar e Cafetería que comeza o vindeiro 2 de xaneiro aínda hai prazas dispoñíbeis e as inscricións poden facerse ata o vindeiro 29 de decembro.
As inscricións para as accións formativas e toda a información sobre os cursos está dispoñible do Departamento de Emprego do Concello de Boiro mediante o enderezo electrónico emprego@boiro.org ou o teléfono 981 84 26 09.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.