O CEIP de Palmeira e o CEIP Felipe Castro participan no programa Cinema con Perspectiva

05 Xaneiro 2024

A Consellería de Cultura e Educación publicou a resolución de centros seleccionados para participar este curso no programa Cinema con Perspectiva, desenvolvido en colaboración coa asociación cultural FICBUEU. A iniciativa, dirixida ao alumnado de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO, ten como obxectivo educar na identificación e tratamento dos estereotipos sexistas presentes na narrativa do cinema e noutras formas de expresión audiovisual. Así mesmo, o alumnado participante poderá crear un produto (guión, plan de rodaxe, etc.) para pór en escena unha sinxela produción audiovisual con perspectiva de xénero.

Na relación de centros seleccionados figuran o CEIP Felipe de Castro de Noia e o CEIP Plurilingüe de Palmeira (Ribeira).

O programa desenvolverase ao longo do segundo e terceiro trimestre do curso 2023/24 e divídese en dúas actividades diferentes. A primeira delas consiste na proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero, que ten como base “fomentar entre o alumnado a reflexión sobre o papel da muller na sociedade, a violencia de xénero e as desigualdades”. Unha vez concluída a proxección desenvolverase un coloquio que será moderado e dirixido por unha persoa experta.

A segunda actividade é un obradoiro educativo para a creación dunha sinxela produción audiovisual. En cada centro educativo participante desenvolverase unha produción audiovisual con temática en igualdade de xénero, sexa curtametraxe, anuncio publicitario, vídeo musical, ou entrevista, entre outros formato. O argumento e a posta en escena reflectirán contidos sobre o significado da igualdade e a equidade entre mulleres e homes, os estereotipos e os roles de xénero, ou o apoderamento da muller.

A iniciativa enmárcase na Estratexia Galega de Convivencia Escolar, que contempla como un dos seus principios a consecución efectiva da igualdade de dereitos e oportunidades entre mulleres e homes e na igualdade de trato e non discriminación as persoas en función da súa condición sexual.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.