
O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, e o padexeiro local Adrián Mosquera (Rianxo 1996) asinaron os días pasados o contrato de patrocinio deste último coa finalidade de acompañalo no seu camiño cara os Xogos Paralímpicos de París 2024 (do 20 de agosto ao 8 de setembro).
Na formalización do contrato, na que tamén participou o concelleiro de Deportes, Julio Alcalde, Adrián loitará por unha medalla o próximo setembro, logo de clasificarse fai uns meses no Mundial de Duisburgo de Piragüismo. Segundo fixo saber o rexedor, grazas a Adrián “o nome de Rianxo estará presente en París da man dun dos nosos deportistas máis laureados. Desexámoslle a maior das sortes e moito ánimo para estes meses de preparación”.
A do verán de 2024 será a segunda ocasión en que Adrián estea presente nuns Xogos Olímpicos, logo da súa participación nos de 2021, en Toquio, que fora adiados por mor da COVID.



