O presidente do Parlamento defende na ofrenda da Traslatio a Constitución: “Ninguén é máis ca ninguén”

30 Decembro 2023

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, delegado rexio na ofrenda ao apóstolo Santiago, defendeu na súa intervención a Constitución e o principio de que “ninguén é máis ca ninguén”.

Fixo un “chamamento á responsabilidade, tolerancia, solidariedade, respecto e altura de miras” nun mundo de “turbulencias acentuadas” no que “as atrocidades da guerra” arrebatan vidas e hai “factores que erosionan a convivencia entre españois”.

Elixido representante do rei Filipe VI, coma no 2017, 2018 e 2019, invocou para o monarca “unha intercesión de xeito que continúe desempeñando o seu labor con acerto, neutralidade e rectitude como xefe de Estado”.

Congratulouse da “democratización da peregrinación”, fixo alusión á crise económica, ás consecuencias da pandemia e ao drama da violencia contra a muller que, segundo dixo “encolle o corazón”.

Tamén condenou o “brutal ataque terrorista de Hamás contra Israel” que “ensombreceu” a invasión “inxusta e contraria ao dereito internacional” de Rusia a Ucraína.  Solidarizouse coas vítimas deses conflitos e co pobo palestino, e pediu a paz e o respecto “á legalidade nacional e internacional polos dereitos humanos”.

Ademais, sostivo que “a procura do ben común e unha sociedade máis equitativa” debe antepoñerse “a calquera outro obxectivo” que atente contra os intereses da xente.

“Aspiramos a continuar vivindo nun país de persoas iguais ante a lei, iguais en dereitos e deberes e no acceso aos servizos públicos que nos corresponden por dereito e xustiza con independencia do territorio en que vive cada un”.

O presidente do Parlamento de Galicia apoiou eses dereitos enmarcados na Constitución, da que precisou que tamén é “garante do modelo de autonomía política” que Galicia xestiona “con notable éxito”, á vez que defendeu que “ninguén é máis que ninguén”.

A cerimonia, instaurada en 1646 durante o reinado de Filipe IV, conmemora a translación desde Jaffa (Palestina) a Santiago de Compostela dos restos do apóstolo Santiago o Maior para recibir sepultura no lugar no que se levanta a catedral.

Homilía

O arcebispo de Santiago, Francisco Prieto, que presidiu a liturxia, avogou na homilía por superar “rutinas que paralizan e discursos que desgastan os ánimos e pechan os oídos do corazón” e defendeu “trazar pontes de encontro para un diálogo sincero”.

“Son tempos de oportunidade e de compromiso, de poñerse ao choio, de aprender a gramática da simplicidade e non instalarnos no reino da retórica”.

“O diálogo non é un duelo, é un encontro que ten un fin, acceder á verdade”, dixo o arcebispo, e explicou que “se trata de buscar unha harmonía que non elimina identidades, nin elabora falsos irenismos ou vagos sincretismos ideolóxicos”.

“Non deixemos que nos rouben a cordura e a concordia na procura do ben común nin a vocación cara á amizade social que habita na raíz do corazón humano… (iso) esixe respecto á xustiza, base de toda convivencia”.

A celebración iniciouse na Praza do Obradoiro cunha parada militar antes da misa na que Santalices estivo acompañado polo delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e outras autoridades.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.