“Valoración de discapacidades” – José Manuel Pena

26 Decembro 2023

A Xunta de Galicia prometera reducir os tempos de espera para que calquera persoa que solicite a valoración da súa discapacidade poida ter dereito aos beneficios que esta gradación supón.

A realidade actual é máis ben diferente. Queríase pasar do ano e medio de demora na valoración, aos doce meses e na actualidade aos seis meses, pero hai moitas persoas que levan máis dun ano e medio pendentes de ser valoradas, cos consecuentes prexuízos que isto supón, tanto para elas como para os seus familiares ou os coidadores. Isto tamén rompe o principio de Igualdade, ao que tanto apelan o actuais gobernante da Xunta de Galicia.

O Equipo de Valoración e Cualificación de Discapacidades da Xunta de Galicia está a incumprir os prazos prometidos e está a levar a que, persoas con certo grao de discapacidade, non poidan acollerse aos beneficios que iso supón: a axuda dunha terceira persoa, a axuda no fogar, o poder acudir a un centro de día, o poder ingresar nun xeriátrico, as deducións ou exencións de taxas municipais ou impostos, a tarxeta de estacionamento en zonas adecuadas para discapacitados, a utilización do transporte público gratuíto, etc.

Outros artigos

“Arcilla, no fango”. Alberto Barciela

La vida es un acto individual que hemos de compartir necesariamente si queremos otorgarle sentido, una lógica. Seguir en soledad sería retroceder, asumir una vida sin sentido, sin convivencia, sin participación. Lo sensato es encontrar un hueco en la zona de consenso....

+

“Fóra de tempo” – Manuel Domínguez

Un estudo filosófico da atemporalidade Samuel Baron, Kristie Miller e Jonathan Tallant Ten habido moito debate sobre como é o tempo, pero non sobre se existe. O obxectivo deste libro é facer pensable a ausencia do tempo. Poida que o tempo non exista. Pois por esta...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Nó gordiano” – Xulio Xiz

“Nó gordiano” – Xulio Xiz

Escoito que un político afirma que “aos xuíces non teñen que escóllelos os xuíces senón o pobo cos seus votos”. Espero que a afirmación berrada se referise a que, unha vez consigan ser xuíces, superando estudos e probas pertinentes, as forzas políticas sexan as que...