Rianxo enche as redes de imaxes da Cabalgata de Reis

08 Xaneiro 2020

Para os residentes e visitantes de Rianxo que estiveran o 5 decembro na vila mariñeira e non desen acadado a mellor posición privilexiada para contemplar axeitadamente a Cabalgata dos Reis Magos, ou para aquelas e aqueles que queiran recoñecerse nas fotos e recoñecer aos demais, dicirlles que o Concello vén de encher as redes sociais con imaxes da visita real ao porto (cómpre lembrar que as súas Maxestades de Oriente chegaron por mar á vila) e ás rúas da localidade, polas que discorreron coas súas cinco carrozas e ostentando un pletórico conxunto de adobíos mariñeiros e unha cobertura musical de primeira categoría (a charanga Vai de Roda e a banda de gaitas Buxaina).

Podemos ver o álbum de imaxes en diferentes entregas, tal e como as artellou no Facebook a área de Cultura do Concello: a colección de fotografías da praza de Castelao preparándose para a chegada e remate da cabalgata (medio cento de imaxes), a chegada dos Reis ao peirao de Rianxo (case 150 fotografías) e a escolma de imaxes da ruada real das súas Maxestades (a cifra nada desprezábel de 746 fotos). Detrás desta importante contribución fotográfica estivo o estudo creativo DifusionProSport.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.