Rianxo recibe por mar ós Reis Magos

05 Xaneiro 2020

Os Reis chegaron por mar a Rianxo e emprenderon despois o percorrido pola vila rianxeria nun desfile que contou con cinco carrozas. Unha empresa de animación participou no percorrido, achegando orixinais elementos mariñeiros feitos con globos, como unha traiñeira de seis metros, un barco de papel de catro metros, dúas piraguas, un polbo ou un caballito de mar. A charanga Vai de Roda e a banda de gaitas Buxaina animaron a camiñada, que culminou na praza Castelao, onde Fogo Fatuo montou un belén vivente, con música tradicional incluída. A cabalgata incorporou elementos realizados nun taller de cartón pedra, como unha balea e unha solla.

Os Reis Magos chegan en barco a Rianxo

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...