Os días 26 e 27 de decembro representarase en Noia o ballet familiar Eduardo Manostijeras pola escola local de danza Oitos na que se fai unha versión bailada e musical da xa mítica película de Tim Burton protagonizada por Johnny Depp. Será no Coliseo Noela as 19:30 horas
O prezo das entradas é de 3 € e serán en beneficio solidario de Cáritas e Cruz Vermella. Están á venda na billeteira do Coliseo de 19:30 a 21:00 horas (catro entradas por persoa). Quen desexe poñer un gran de area solidario pode levar un alimento non perecedoiro antes de que comece o espectáculo.




