“Unha liberdade de expresión controlada”. Antón Luaces

18 Decembro 2023

Para quen, como é o caso, exerciu a súa profesión de informador durante un tan longo periodo de tempo como son os máis de 50 anos adicados a este fermoso oficio de pretender dicir dese soño tan longamente acariñado, comprenderá o lector que non sexa unha outra cousa máis ca un sospiro se o que se tenta facer é falar da liberdade de expresión.  Porque, a día de hoxe, crendo sinceramente na existenza desa liberdade de expresión gañada a pulso tras a morte de Franco, coido quaínda quedan moitos rescaldos do que foi unha dura represión do franquismo asumida agora polos que a viviron -moitos do meu tempo- e, nomeadamente, por menores de 45 anos que nunca souberon das consecuencias de ter nas costas o peso constante da censura previa e, posteriormente, do castigo imposto por publicar o que o Goberno franquista (sen Franco) non gostaba de ler. 

A liberdade de expresión non foi máis ca un sono cumprido en certa medida cando nos finais do decenio dos 70 do século pasado -que lonxe quedan xa!- os xornalistas falabamos dos novos políticos cualificándoos de PNN (profesores non numerarios) polo feito de os comparar con aqueles que realizan as prácticas propias de cada principiante no cargo, moitos deles máis novos que bo número dos xornalistas exercentes. Malia todo, foi posible a relación amistosa -ás veces cómplice- entre eles e nós, o que permitía “saborear” os meles dunha “democracia” non exenta de multas e o paso polas dependencias policiais para dar conta do dito ou escrito no medio de comunicación correspondente. 

Cando finou na cama dun hospital o xeneral que gobernou con man de ferro España, os que aquí quedabamos entendimos que, a partir dese momento, iamos ser “libres para podermos dicir a  verdade e nada máis ca verdade”, que era o que consagraba o título I da Constitución Española de 1978 no seu artigo 20, ao recoñecer e protexer os dereitos  a expresar e difundir libremente os pensamentos (os pensamentos, oian!), ideas e opinións mediante a palabra, o escrito ou calquera outro medio de reprodución. 

O que nunca soñaramos!.

A formulación constitucional mellorábase co dereito á produción e á creación literaria, artística, científica a técnica. E, a maior abundamento, a comunicar ou recibir libremente información veraz por calquera medio de difusión.

Era inaudito: crear, expresarte en liberdade e difundir o teu pensamento. Item máis: o exercicio destes dereitos non podían restrinxirse mediante ningún tipo de censura previa (se o souber Franco, morrería antes).

Iso sí: estas liberdades tiñan  -e teñen- un límite: o respecto aos demáis, recoñecido no devandito título da Constitución cos preceptos das leis que o desenvolven e, específicamente, no dereito á honra, á intimidade, á propia imaxe e á proteción da xuventude e da infancia. 

Bendita Constitución a de 1978, que tanto e tan ben nos fixo soñar a moitos -a outros nada ou pouco-  ata que un nefasto 30 de marzo de 2015, a denominada “lei mordaza” nos espertou do soño tan ben acaído: unha lei que puxo condicións ao libre exercicio da súa profesión a, por exemplo, os xornalistas, que viamos recurtados os nosos dereitos porque a simple cobertura informativa dun acto de protesta podía ser considerada unha “acción de terrorismo”, en función de como se interpretaran algúns dos artigos desa mesma lei. 

O que vivimos actualmente na confrontación político-xudicial contribúe a mermar esa liberdade?-

Estamos  verdadeiramente no libre exercicio desta?.

Outros artigos

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

+

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

+

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

+

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.