
Con gran expectación e asistencia, tivo lugar este venres a posta en público do novo poemario de edición limitada, do selo ribeiran BOUREL, na sala DIDAC de Santiago de Compostela.
Ánxel Huete, acompañado por Pepe Cáccamo e Antonio Piñeiro, desvelou alguns dos fitos e factores que propiciaron a realización da obra, matizados coa propia vivencia persoal e a reflexión estética.
A especial manufactura do libro foi a que espertou unha meirande sorpresa, ao dicir de varios dos asistentes, sobre todo no tocante á transcrición mecanografica orixinal e á intervención directa, da propia man de Ánxel Huete, nas duas pinturas que leva cada exemplar.
[12:08, 2/12/2023] Antonio Escritor: Ánxel Huete, un dos referentes da renovación da pintura galega, desde a fundación da corrente Atlántica ata hoxe, abriu con esta obra, PINTURA SEN CORES, unha andada poética xa, en boa parte, presente na sua traxectoria pictórica.
Pepe Cáccamo recitou parte das pezas intercaladas nunha conversa sobre a acción creativa con Ánxel Huete.
Das peculiaridades da edicion falou Antonio Piñeiro, destacando o seu carácter limitado e a extrema dificultade de levar a cabo cada fase de forma manual. As pezas de BOUREL saen do seu taller, en Ribeira. A serie conta xa con tres títulos en circulación, logo de lanzar SERENDOS OBSOLIMOS, de Pepe Cáccamo, e MANSÍO, de Eva Veiga. Outros tres están xa en fase de remate; e un cuarto en fase de preparación.




