“Censura informativa no franquismo, no posfranquismo e tamén na democracia”. Antón Luaces

01 Decembro 2023

Rematada a presentación, o xoves, do libro “La radio informativa en España. De la censura a la libertad”, da autoría do xornalista ourensán Domingo González que foi redactor e director de RCE e RNE en Galicia e máis director de TVE en Galicia, suscitóuse un interesante debate sobre a existenza ou non de censura informativa nos medios de comunicación españois. Desde a mesa que compartían o propio Domingo González e o exdirector de RNE e de TVE, Diego Carcedo, defendéuse o feito dunha liberdade de prensa constatable a día de hoxe ao abeiro da Constitución española e cun certo recoñecemento de que sí existe determinado control sobre o que se publica, pero non por parte do Goberno senon polo da empresa propietaria do medio.

Compartindo en parte tal exposición, mantiven e manteño que esa censura existe e que esta fáise presente cada vez máis tanto nos medios de comunicación privados como nos públicos, sexan estes estatais, autonómicos ou locais. Con moita diferenza, evidentemente, sobre a que se exercía no franquismo, que era aplicada previamente (co que, chegado o caso, non se emitía ou publicaba determinada información, segundo fose o medio).

 A censura actual aplícase abruptamente en determinados casos. Por exemplo obrigando ao redactor de turno a escribir prácticamente ao dictado. Ou obrigando a non dicir o que pode incomodar a quen “paga” con publicidade os favores outorgados, ou gañando “puntos” á vista do político de turno porque o medio da conta do que ao político convén. Non é censura previa, como nos pasaba en tempos do franquismo,  cando desde as institucións estatais se enviaban aos centros de prensa e radio -estou absolutamente convencido de que tamén a TVE- textos en ciclostil de obrigada lectura en radio e tv., e publicaciòn en prensa. Era obrigada asimesmo a autorización da delegación ou o Ministerio de Información e Turismo do texto a emitir/publicar (censura previa) e o control era exhaustivo sobre os medios radiofónicos e televisivos, con chamadas ao orde ou despedimento fulminante do redactor/locutor no caso de este non  respectar as indicacións dadas pola dirección do medio en cuestión.

Hoxe en día estas cuestións están superadas oficialmente; pero que nos medios privados podes estar vetado para traballar en función da túa tendencia polìtica é máis que evidente. E nos medio públicos, se ben non poden obstaculizar que te presentes á oposición convocada para ocupar tal ou cal praza, sí poden -de feito o fan- evitar que este ou aquel redactor/redactora incómodo/da por esa súa tendencia política contraria redacte/lea información que afecte negativamente aos intereses da autoridade.

Que non unha censura propiamente dita?. Probablemente. Máis é censura que afecta ao redactor, obrigado a non contar a verdade dos feitos, ao tempo que se furta esta verdade ao lector/oínte/telespectador, co que a figura do censor actúa contra os intereses do público ao que o traballo realizado estaba destinado.

É o que denuncian os redactores da radio e a televisión autonómicas galegas desde vai anos coa  campaña dos venres negros, asi como colegas doutros medios asimesmo autonómicos de España aos que non é doado poñer nas listaxes de parados porque resulta prácticamente imposible xustificar o seu despedimento. Outra cousa é o que pasa nas empresas privadas de comunicación, sempre o traballador con menos defensa diante dos intereses de aqueles que impoñen as condicións.

Estou convencido de que, máis ou menos sutilmente, a censura existe e que se aplica sen rubor. A moita distancia verdadeiramente da existente no franquismo e a pre-democracia española. Pero está aquí, de onde nunca se foi de vez.

Outros artigos

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

Cando se pare, se se da o caso, os corredores pedestres non terán por onde andar, quedaransequietos, como enterrados no abismo. Mirarán para tódolos lados, acordaranse da importancia dosmovementos á dereita e á esquerda, e seguirán tesos alí na entrada da sima, na...

+

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

+

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.