Os negocios da Pobra verán premiada a súa creatividade cun concurso de escaparatismo polo Nadal

01 Decembro 2023

O Concello da Pobra engadiu unha nova actividade de dinamización cultural e económica á campaña pobrense Consegue Caramiñas, Comparte Nadal. A concelleira da Promoción Económica, Amparo Cerecedo, explicou que, se días atrás se presentaba a cuarta edición do concurso de embelecemento de domicilios, neste ano apóstase tamén por un certame de escaparatismo destinado aos negocios da localidade.

En palabras da edil, esta iniciativa busca “a implicación do comercio e establecementos da localidade, así como do sector hostaleiro, para incrementar o engalamento das vías públicas nesta época festiva”.

Para contribuír a acadar tal fin e incentivar a participación, o Concello tamén fixo entrega de arredor de 200 árbores con vistas á súa colocación á entrada dos establecementos e unha vintena de grilandas para aqueles a pé de beirarrúas estreitas co obxectivo de que os decoren ao seu gusto. Cerecedo indicou ademais que no 5 de novembro desenvolveuse un obradoiro vermú de decoración e atrezo que contou coa participación de máis de vinte representantes dos sectores da hostalaría e do comercio.

Establécense tres premios: un primeiro consistente na realización de 6 escaparates profesionais durante un ano a cargo dunha técnica de mercadotecnia (marketing) visual; un segundo dotado de 4; e un terceiro con 2.

Para tomar parte desta actividade, deberán cubrir o formulario en liña específico habilitado polo Concello entre os días 1 e 8 de decembro. Logo de ornamentados os escaparates, deberanse remitir dúas fotografías ao enderezo electrónico promocioneconomicapobra@gmail.com antes do día 11. A decoración deberá permanecer ata o día 1 de xaneiro, data inclusive.

As bases completas están dispoñibles na web municipal, www.apobra.gal.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.