As Xornadas Sociosanitarias de Outes poñen o foco nas situacións de emerxencia e en como actuar (este xoves na Casa da Cultura)

27 Novembro 2023

Este xoves 30 de novembro vaise celebrar a segunda sesión das Xornadas Sociosanitarias (convocatoria XVIII) que organiza na Casa da Cultura de Outes o médico local José Dios Diz, coa colaboración co Concello, a asociación ADISBISMUR, a Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría, a Asociación Cultural Terra de Outes e a Universidade de Santiago.

A charla deste xoves, Situacións de emerxencia e como actuar, será impartida por Isabel Moares Rei, traballadora do Servizo de Emerxencias do 112. A cita será ás 18.30 horas.

Con esta charla proseguen as XVII Xornadas de Información Sociosanitaria de Outes e as III Xornadas do Programa Universitario de Maiores en Outes (IV Ciclo da Universidade de Santiago). Dende a organización pregan que se confirme a asistencia a través do 981 850 575.

As persoas que asistan terán unha certificación da USC.

Curso 2023-2024

A nova edición das Xornadas Sociosanitarias de Outes celebrarase entre outubro deste ano e maio do seguinte, o último xoves de cada mes ás 18.30 horas. O programa vén composto de sete conferencias-coloquio, coordinadas polo doutor Xosé María Dios Diz.

Logo da charla deste xoves, o 14 de decembro volven as actividades de divulgación con Economía e saúde, a cargo de Adrián Dios Vicente, doutor en Económicas.

Os relatorios proseguen o 29 de febreiro de 2024 con O exceso de radon e a súa prevención, a cargo de Alberto Ruano Raviña, doutor de Medicina Preventiva – Máster de Saúde de Pública da USC.

O 21 de marzo será a quenda de Luis Mayo Suárez, que falará do Coñecemento da poboación dos efectos do radon na saúde. Luis Mayo é licenciado en Medicina e Cirurxía, amais de alumno do TFG.

O 17 de abril, Miguel Vázquez Vázquez, especialista en Xeriatría e Xerontoloxía Social e director de CALIGERS, impartirá a charla Soidade na idade adulta. Estratexias preventivas e alternativas de vida para a vellez.

As xornadas rematarán o 30 de maio, con Saúde mental: saber pedir axuda, a cargo de Rosa Cerqueiro Landín, psicóloga do Complexo Universitario de Conxo.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.