Unha marea morada de alumnado pobrense forma o símbolo da muller na antesala do 25-N

24 Novembro 2023

No 25 de novembro conmemórase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller e a Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal organizou para esta xornada unha serie de actividades dirixidas aos centros educativos da primaria (Pilar Maestú Sierra e Salustiano Rey Eiras), no marco da campaña municipal Desmárcate!

Xa na praza Alcalde Segundo Durán e durante a apertura do acto, a concelleira da Igualdade, Estefanía Ramos, fixo fincapé no papel vital que xoga a comunidade educativa na educación en igualdade para contribuír a eliminar a violencia machista.

Deseguido, alumnado dos referidos colexios procedeu coa lectura de actitudes e conceptos para, entre todas/os, distinguir se eran positivos e debían persistir ou, pola contra, negativos e tiralos no lixo.

Tamén houbo oco para a música cun tema que versa sobre a igualdade, composto e cantado polo propio alumnado.

E xa con paraugas na man co lema Desmárcate! e o cancelo #apobracontraaviolenciamachista, a marea morada formou o símbolo da muller.

A programación estendeuse ao longo de todo o mes de novembro e chegará á fin no propio día 25 cos actos centrais abertos a toda a veciñanza, no Cantón da Leña. A partir das 12.00 horas, haberá unha concentración, a performance A última cea, de Uxía Morán, a lectura dun manifesto e un minuto de silencio.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.