Ocupadas as instalacións da mina de San Finx como protesta polos vertidos con metais pesados

21 Novembro 2023

Varias ducias de mariscadoras e mariscadores xunto con membros de Ecoloxistas en Acción e da plataforma comarcal contra as verteduras da mina de San Finx ocuparon durante a xornada deste luns 21 de novembro as instalacións da mina de San Finx, en Lousame, para “esixir responsabilidades polos vertidos continuados con metais pesados”, reclamaron. No transcurso da acción despregouse unha enorme pancarta de 40 metros de lonxitude demandando “o fin da impunidade da mina que, nos últimos meses leva vertendo 50.000 litros por hora de augas contaminadas con cadmio, cobre e cinc”.

Como lembraremos, confrarías e ecoloxistas levan anos esixindo que se obrigue á empresa Tungsten San Finx a adoptar medidas para impedir os vertidos. Medidas como o selado das galerías de desaugue, así como a reinundación da mina para minimizar a formación de drenaxes ácidas. Ante estas peticións din atoparse repetidamente cun obstáculo: o que cualifican de “desleixo por parte da Xunta”, que vén permitindo que se manteña a situación actual.

Por outra parte, na acción tamén se demandou a revogación inmediata da autorización de verteduras outorgada por Augas de Galicia o pasado xaneiro, e que implicaría o vertido de case 1.000 millóns de litros anuais de drenaxes de mina. “A empresa carece de capacidade técnica e solvencia económica para poñer en marcha unha actividade que poría en risco a millares de postos de traballo na ría de Muros e Noia, situada a apenas 7 km augas abaixo”, explicaron Joám Evans e Rogelio Santos, voceiros da plataforma comarcal.

Augas de Galicia xa constatou o pasado mes de agosto, logo das denuncias dos colectivos da plataforma comarcal contra as verteduras, que os niveis de cadmio xusto abaixo das balsas nas que se realizou a protesta superan 78 veces o valor máximo permitido pola lexislación. O mesmo sucede para outros metais pesados como o cobre ou o cinc, para os que se superan 48 veces e 8 veces respectivamente os valores máximos permitidos.

Pola súa parte, Cristóbal López, voceiro de Ecoloxistas en Acción, anunciou que desde a súa organización emprenderán novas accións penais por “presuntos delitos de prevaricación”, desta vez contra varios funcionarios e altos cargos da Consellería de Economía e Industria, logo de que a finais de 2020 actualizaran ilegalmente o plan de restauración sen o preceptivo trámite de información pública e excluíndo os principais pasivos ambientais da mina.

A plataforma pendurou un vídeo en Youtube sobre a acción de protesta levada a cabo este luns 21.

Outros artigos

Muros celebra a súa III Gala do Deporte o vindeiro 19 de decembro

A III Gala do Deporte do Concello de Muros celebrarase o sábado 19 de decembro no auditorio do Centro Cultural. O prazo de presentación de candidaturas remata ás 14:00 horas do 4 de decembro. “A terceira edición xa dunha gala moi especial para recoñecer publicamente o...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“La transición y Carmen Díaz de Rivera” – Manuel Domínguez

“La transición y Carmen Díaz de Rivera” – Manuel Domínguez

La transición y Carmen Díaz de Rivera. 84 años de su nacimiento y 27 que nos dejo. Antes de hablar de la importancia de Carmen en relación a la transición, permítaseme, comenzar por el principio. Carmen tenía 17 años, quería oficializar su relación de noviazgo, con...