Lousame conmemorará o 25N con “Papagena”, ópera electrónica en galego con perspectiva de xénero

17 Novembro 2023

O Concello de Lousame conmemorará o Día Internacional contra a Violencia de Xénero coa posta en escena de Papagena, ópera electrónica en galego con perspectiva de xénero protagonizada pola soprano noiesa Esperanza Mara e o barítono Jacobo Rubianes. Unha actuación totalmente gratuíta e cuxas entradas xa están dispoñíbeis a través da web Bandoticket.

Segundo lembra a Área de Cultura de Lousame, Papagena é unha ópera electrónica contemporánea de pequeno formato escrita en galego. Con perspectiva de xénero, narra a historia dunha parella que está engaiolada nunha relación tóxica. Unha peza composta polo rianxeiro Iago Hermo e que está inspirada na parella de persoas-paxaro da célebre A frauta máxica de Mozart. Así, Papagena busca “afondar nos clixés de xénero presentes no eido da creación operística ao tempo que pretende rachar con outras percepcións habitualmente asociados ao mundo da lírica, como poden ser o uso do galego ou a propia escenografía e o vestiario empregado”.

Trátase tamén da primeira peza dirixida pola tamén rianxeira Esther F. Carrodeguas e por Xavier Castiñeira, da compañía ButacaZero. O elenco está formado pola soprano noiesa Esperanza Mara e o barítono Jacobo Rubianes, que actuarán acompañados no escenario por Iago Hermo, compositor da ópera e do libreto, así como director musical da peza.

Con esta ópera galega e en galego, ButacaZero busca adaptar a ópera contemporánea á realidade social galega, levándoa a espazos non convencionais para a súa representación. Deste xeito, a compañía viguesa busca que tanto o público adolescente coma adulto se achegue á ópera a través dunha experiencia única e inmersiva.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.