O PSdeG-PSOE de Rianxo di que o concello perde unha subvención para a construcción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas

16 Novembro 2023

O Grupo Municipal do PSdG-Psoe de Rianxo manifesta a súa disconformidade sobre a xestión e a proposta de proxecto que o Grupo Municipal de Rianxo en Común presentou para poder acceder a unha subvención da Xunta de Galicia.

Serían 64.000€ para atender as necesidades dos veciños e veciñas, dos clubes de Rianxo ou 64.000 € para acometer un proxecto partidista… Rianxo en Común apostou por facer o que el entende que é beneficioso para o seu partido a nivel político e non para os intereses de Rianxo.
O máis sorprendente, segundo os socialistas rianxeiros, é que a execución do proxecto debía estar xustificado a día 30 de novembro de 2023 “aspecto que era conocido polo grupo de Goberno e opta por propoñeer unha actuación, que entre trámites administrativos e procesos de licitacións se dilataba máis ala do límite establecido para poder facer a pista de padel, o que indicaba o risco desa proposta”
Lamentamos, din desde o PsdG-Psoe, que durante un mes estiveran, primeiro bloqueado o funcionamento municipal destinando recursos laboráis a contrareloxo, privando de desenvolver outros trámites necesarios ó resto de veciñ@s de Rianxo que ven como as resolución das súas cuestións non son tan rápidas. E tamén afectaron ós económicos ( facemos fincapé aquí de forma especial, xa qué o propio Alcalde era o que decía que había que facer contención de gasto, que non había cartos,que tiñan que administrar ben os recursos Muicipais… e resulta que se gastaron na redacción do proxecto, e se vai ter que acometer obras de reforma, seguridade etc con fondos Municipais, privando de novo os veciños e veciñas de facer otras actividades”.
O voceiro do PSOE de Rianxo, mostrase sorprendido como o Grupo de Goberno antepón o cumprimento dun proxecto de programa electoral (a construcción dunha pista de Padel que aparece reflexado no seu punto de programa 72) ó cumprimento das obrigas e necesidades que a día de hoxe hai no Concello, no referente a mentemento das instalación deportivas, e
desatendendo ás petición dos clubes que usan esas instalación.
Este 16 de novembro tamén se publica no Doga con RESOLUCIÓN de 9 de noviembre de 2023, a perdida de 2 subencións máis …… por non Subsanar en tempo e forma os requerimientos reclamados: Unha subvención para a financiación de actuacións en materia de residuos de competencia municipal e outra O Plan de Fomento do Medio Ambiente para a Adaptación ao Cambio Climático, PIMA Adapta. Solicitaremos información para determinar o motivo destas perdidas ( falta de fondos, ausencia/erro de tramitación trámite oportuno ou foi por cuestión de xustificación de prazos)
Mesmo caso vivimos este verán, donde de novo O concello de Rianxo quedou sen socorristas, un aspecto que reclamaba o propio Rianx en Común, tendo unha subvención concedida este ano para a contratación ó 100% de socorristas, por importe de 30.000€, e Rianxo de novo quedou sin socorristas, semella que o problema que plantexaba Julián non era tal, de novo outra mentira para confundir ós veciños e veciñas e conseguir rédito electoral.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.