As traballadoras da conserva darán o pregón dos festexos de Boiro

27 Xuño 2019

20190627. Este ano as homenaxeadas nas Festas de Verán boirenses serán as traballadoras da conserva. Estas mulleres constitúen un piar fundamental para as familias e para o desenvolvemento económico e social do municipio de Boiro. Pero non só na actualidade, tamén no pasado. Por esta mesma razón, serán as encargadas, xunto ao alcalde e a concelleira de Cultura, do pregón inaugural das celebracións o venres, 5 de xullo, ás 22.30 horas.

Unha ampla variedade de actuacións musicais serán as que amenicen as xornadas, especialmente, as noites. A Roda e Najla Shami ofrecerán o ‘Concerto pola Igualdade’ na praza do centro social o primeiro día dos festexos. Mentres tanto, El Combo Dominicano, Panorama e París de Noia son só tres das orquestras que recalarán na praza de Galicia durante os últimos tres días. Así mesmo, a nivel musical destaca o espectáculo de Xavier Díaz e Adufeiras de Salitre, do grupo Caxade, de Ortiga e de Maryland.

Ademais, os peñeiros e peñeiras desenvolverán as súas actividades ao longo de dous días, marcando o inicio o venres 5 e co seu propio ‘Día das Peñas’ o luns 8.

A programación tamén inclúe a tradicional malla do centeo para o sábado 6 e a gran tirada dos fogos de artificio o domingo 7.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fallos de bondade”. José A. López Silva

“Fallos de bondade”. José A. López Silva

En maio de 2013, a Universidade de Syracuse, no estado de Nova York, encargoulle pronunciar o discurso para os seus graduados a un dos profesores do claustro, o escritor George Saunders, que catro anos despois gañaría o Booker británico con Lincoln en el Bardo, unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.