JEALSA fortalece a súa alianza coa inclusión renovando o seu apoio a Amicos

03 Novembro 2026

A directora de Relacións Institucionais da conserveira boirense JEALSA, Margarita Hermo, e o director xeral da entidade inclusiva da nosa comarca Amicos, Xoán España, déronse cita este martes, 3 de novembro, no Centro de Atención Integral da entidade boirense para renovar o convenio de colaboración conxunto. Un acto a través do que se continúa a fortalecer unha longa relación apoiada na integración das persoas con discapacidade na sociedade, tanto a nivel vital como laboral.

Mediante esta alianza, JEALSA e Amicos seguen impulsando a formación e o papel das persoas con discapacidade intelectual, así como un apoio ás persoas con maiores necesidades de apoio a través da continuidade da unidade de apoio e estimulación sensorial do centro.

Segundo indicaron, un dos eixes clave desta colaboración céntrase na nenez, coa posta en marcha de proxectos de integración escolar de nenos con discapacidade e iniciativas de sensibilización social como os programas Badaboom e Festiritititi.

Margarita Hermo subliñou que “esta colaboración comezou cunhas caixas de Nadal na Fábrica Social, en Oleiros fai xa anos, e foi máis alá. Agora a Fábrica Social é case unha extensión para nós, e a alianza ampliouse a través da aula de estimulación multisensorial, o Festiritititi e colaboracións no marco de We Sea… Todo encamiñado a mostrar, sobre todo aos máis nov@s que todas as persoas teñen lugar na sociedade e que só así esta é unha sociedade mellor. A nosa felicitación a todo o equipo de Amicos, que contribúe a construír unha sociedade mellor, e na que JEALSA tamén quere aportar o seu gran de area”.

Pola súa banda, Xoán España destacou que “dende Amicos atopamos en JEALSA un aliado que leva anos acompañándonos no noso compromiso coa inclusión das persoas con discapacidade intelectual. A súa implicación vai máis alá do apoio, é unha mostra de confianza nas capacidades das persoas e no seu papel activo na sociedade. É por iso que para nós renovar este convenio significa seguir avanzando da man dunha empresa que entende que a inclusión é unha responsabilidade compartida, e que continúa a demostralo máis dunha década despois da nosa primeira sinatura. O seu compromiso é digo de destacar e de admiración”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“As novas camadas petan forte na porta” – Antón Luaces

“As novas camadas petan forte na porta” – Antón Luaces

Hai quen exerce de informador e percorre España cunha buguina nunha man e un teléfono móbil na outra nunha especie de pre-aviso de que alí, no lugar, vai pasar algo importante. Por exemplo, un discurso ou debate político que "poña orde" na polarización desenfrenada...

“Recordar o 93 e seguir o Camiño”. Luís Celeiro

“Recordar o 93 e seguir o Camiño”. Luís Celeiro

En Mérida, onde a finais do século sexto xa había un xenodochium, un albergue de acollida easistencia para as multitudes que visitaban a tumba de Santa Olalla. Os historiadores e entendidosdin que foi o primeiro refuxio para peregrinos documentado en Hispania. E alí,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.