Lorenzana di que a previsión é comezar este ano co proceso de licitación das obras do novo polígono de Ribeira

03 Novembro 2026

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, visitou este martes 3 de novembro a sede da Asociación de Empresarios de Ribeira (AER), onde mantivo un encontro coa alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e cun grupo de empresarios, co obxectivo de avaliar os avances na tramitación do futuro polígono industrial do concello.

Lorenzana explicou que “xa se adxudicou a actualización do proxecto de urbanización que permitirá desenvolver este ámbito e dotar de máis solo empresarial ao concello”. Deste xeito, lembrou que a previsión da Xunta é comezar este ano co proceso de licitación das obras de construción do novo parque que terá case 260.000 m2 de superficie.

Segundo expuxo, trátase de adaptar o proxecto que xa existía ás necesidades reais de execución e aos criterios técnicos e económicos que rexerán a posterior licitación das obras; e facilitar ademais, unha coordinación maior entre a redacción do proxecto, a contratación das obras e a súa futura execución. Esta é unha das actuacións incluídas nos 4,2 millóns de m2 que están agora mesmo en tramitación, urbanización ou execución na provincia da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“As novas camadas petan forte na porta” – Antón Luaces

“As novas camadas petan forte na porta” – Antón Luaces

Hai quen exerce de informador e percorre España cunha buguina nunha man e un teléfono móbil na outra nunha especie de pre-aviso de que alí, no lugar, vai pasar algo importante. Por exemplo, un discurso ou debate político que "poña orde" na polarización desenfrenada...

“Recordar o 93 e seguir o Camiño”. Luís Celeiro

“Recordar o 93 e seguir o Camiño”. Luís Celeiro

En Mérida, onde a finais do século sexto xa había un xenodochium, un albergue de acollida easistencia para as multitudes que visitaban a tumba de Santa Olalla. Os historiadores e entendidosdin que foi o primeiro refuxio para peregrinos documentado en Hispania. E alí,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.