En Muros localizan con vida á boirense de avanzada idade que desaparecera

10 Novembro 2023

Atopan desorientada e con hipotermia á boirense María Pura Vidal nun monte de Muros

María Pura Vidal

A muller de avanzada idade tivo que ser evacuada ao PAC de Muros ao presentar síntomas de hipotermia e estar desorientada. Foron os membros do GES de Muros os que localizaron a septuaxenaria na estrada da Paxareira preto das seis horas da tarde de hoxe.

Ao fío das 4:15 horas desta madrugada, o 112 Galicia recibiu a chamada dun familiar da desaparecida solicitando axuda para localizala. No seu relato indicaba que, malia residir en Boiro, a muller saíra cuns amigos en Muros pero que perderon o contacto con ela pouco despois das 19:30.

Así, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia procedeuse a informar á Garda Civil, encargada de coordinar o operativo de busca que contou coa colaboración do GES de Muros e dos efectivos de Protección Civil de Boiro e Muros.

De feito, ao revisar as incidencias rexistradas polo 112 Galicia na zona onde a desaparecida foi vista por última vez, o persoal do CIAE atopou diversos avisos de condución temeraria que coincidían coa información relacionada ao vehículo da septuaxenaria. Deste xeito, o operativo centrou a súa busca nas inmediacións do lugar sinalado polos alertadores.

Segundo os datos facilitados ao 112 polos efectivos de Protección Civil, a muller foi trasladada en ambulancia ao Punto de Atención Continuada de Muros polo equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Outros artigos

Proseguen os traballos de extinción do lume de Ribasieira (O Son)

Este martes 22 de setembro segue activo o lume forestal do concello de Porto do Son, orixinado e focalizado (polo de agora) na parroquia de Ribasieira, nun lugar de difícil acceso que pola súa complicada orografía e pola precariedade dos accesos motivou onte o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.