A veciñanza de Cabanamoura (Outes) pide a Telefónica o mantemento das telecomunicacións

10 Novembro 2023

Este venres 10 de novembro unha delegación da veciñanza do lugar de Cabanamoura, en Outes, achegouse ao Concello para manifestar o seu malestar pola decisión de Telefónica de retirar o cobre e deixalos, din, “sen telecomunicacións dignas do século XXI”. Segundo lembran, o núcleo ten “serias deficiencias na cobertura de telefonía móbil” e “non conta coa previsión de que se despregue a fibra óptica en datas vindeiras”. Ante esta situación, que “xa resulta difícil de por si mesma”, engádese “a decisión de retirar o cobre antes de abril do 2023”. Isto, sinalan, “deixaría á veciñanza de Cabanamoura sen unha conexión de telecomunicacións física e sen un servizo básico e necesario”.

O tenente alcalde e concelleiro en materia de comunicación, Anxo Núñez Fernández, aproveitou para “lembrar que esta situación repítese en outros lugares do concello, nomeadamente na parroquia de Outes”, e engadiu que “é inaceptábel que en pleno 2023 se acepte dende o Estado e a Xunta que se retire un servizo básico sen ser substituído pola fibra óptica ou un servizo físico de análogas características.”.

O alcalde, Manuel González López, trasladou á veciñanza o seu “máximo apoio” nesta situación e demandou “que se dote dun servizo digno e de calidade ao noso rural”.

A veciñanza rexistrou unha solicitude para atender esta situación que lle será trasladada dende o Concello ás entidades competentes.

Outros artigos

Contra a incomunicación e o illamento

Continúa o importante labor da central telefónica de atención á soidade non desexada habilitada pola Xunta A central telefónica de atención á soidade non desexada habilitada pola Xunta fai un chamamento ás galegas e aos galegos para tirar proveito do servizo e atopar,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.