Agustín Agra presentará na Libraría Social ULA (Outes) Libro das contrarias

23 Outubro 2026

ULA Libraría Social (na rúa da Capela da Serra de Outes) acollerá o vindeiro 30 de outubro (ás 19.30 horas) a presentación do novo libro do escritor, divulgador e profesor noiés Agustín Agra: Libro das contrarias, unha novela publicada polo selo Xerais que explora as contradicións da condición humana e os dilemas que xorden entre os afectos, a memoria e as decisións que marcan as nosas vidas.

O autor estará acompañado por Sol Agra Tuñas, deputada provincial da Coruña e responsábel de Igualdade, Lingua e Dereitos Civís, e polo poeta Ramón Blanco.

Libro das contrarias foi o gañador do XXVI Premio Ánxel Fole de Narración Curta do Concello de Lugo.

Sobre o libro (ficha de Xerais)

Cun foco sempre posto na ciencia e na arte, Libro das contrarias é unha deliciosa novela que nos convida a gozar de marabillosos lugares e a vivir situacións de emoción plena.

Cóntanos a historia de Sofía, unha prestixiosa fotógrafa, que se interna nun agreste parque nacional de Suecia onde só é posíbel subsistir durante o estío. McClaunasey, investigadora sobre o papel das mulleres na ciencia, avisa a Fátima da desaparición da amiga de ambas (Sofía). Pretende que dean con ela baseándose nunhas indicacións ocultas nos libros e poemas que, con tal finalidade, Sofía deixou á mantenta. Fátima, ornitóloga na universidade de Cornell, rexeita participar na busca por considerar imposíbel a súa localización. Porén, a mensaxe da antiga amante impúlsaa a viaxar ata Lisboa. Alí visita unha exposición fotográfica en cuxas imaxes cre recoñecer a Sofía…

O autor

Agustín Agra (Noia 1966), profesor e escritor, é unha das figuras máis destacadas do panorama actual da literatura galega. Destacan as súas contribucións á literatura de viaxes e científica, sempre comprometida coa divulgación e a defensa do medio ambiente a través do poder da palabra. O ano 2024 foi especialmente frutífero en materia de recoñecementos, xa que tamén gañou o XXVI Certame de Narración Curta Ánxel Fole, que anualmente organiza o Concello de Lugo xunto coa colaboración de Edicións Xerais de Galiza e que resolveu distinguir O livro das contrárias, de Agustín Agra.

Agustín Ángel Agra Barreiro é un escritor e biólogo de Noia. Comezou a escribir en 2003, publicando os seus primeiros textos nas revistas Alameda do Liceo de Noia e Casa da Gramática do IES Virxe do Mar de Noia, colaborando coa Asociación Cultural Barbantia e con La Voz de Bartantia. Ten publicado con notábel éxito obras infantís e xuvenís como Trampa de luz (2012, Xerais, Fóra de Xogo) ou Cor animal (2015, Kalandraka) e obras de narrativa tan destacadas como o libro de relatos Silencio, publicado en 2020. Ademais, en 2024 tamén gañou a XXIII edición do Premio Avilés de Taramancos de Relato de Aventuras por O trebón do norte.

Outros artigos

En Boiro, aprobados os 954.642 euros do POS+ adicional da Deputación

A Corporación do Concello de Boiro celebrou este xoves 22 de outubro o seu novo pleno ordinario, unha sesión que se puido verse novamente a través da canle municipal de Youtube e que saldou, entre outros, coa aprobación definitiva do POS+ adicional da Deputación da...

+

Contra a incomunicación e o illamento

Continúa o importante labor da central telefónica de atención á soidade non desexada habilitada pola Xunta A central telefónica de atención á soidade non desexada habilitada pola Xunta fai un chamamento ás galegas e aos galegos para tirar proveito do servizo e atopar,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.