Os maiores da comarca participaron na clausura do programa formativo da USC nos concellos

31 Decembro 2019

O venres da semana pasada celebrouse no Paraninfo da Universidade de Santiago a sesión de clausura do programa Camiños de Coñecemento e Experiencia, a iniciativa da USC para saír de si mesma e achegar a súa docencia a concellos da súa contorna, poñendo o foco nas persoas de idade. No acto participaron medio millar de persoas do total de 17 municipios que tiveron parte activa este ano no programa, incluídos os de Ribeira, Rianxo e A Pobra do Caramiñal. Tamén acudiron alumnas e alumnos de Noia, Muros, Serra de Outes, Ordes, O Pino, Arzúa, Vedra, Teo, pola provincia da Coruña; Lalín e A Estrada, por Pontevedra; e Mondoñedo, Monterroso, Ribadeo e Viveiro, pola provincia de Lugo.

Nos actos de clausura celebrados respectivamente en Santiago e Lugo, os representantes do alumnado Aurora Varela e Gilberto Ares coincidiron en reivindicar “a continuidade desta actividade formativa” e mesmo “a inclusión de novos concellos ademais de resaltar a súa relevancia para a democratización do coñecemento entre a poboación máis maior”.

O acto celebrado no Paraninfo da Universidade en Santiago foi o máis concorrido e, presidido pola vicerreitora de Titulacións, Victoria Otero Espinar, contou coa asistencia de representantes dos distintos municipios e a conferencia da profesora da Facultade de Farmacia Carmen Álvarez Lorenzo. En Lugo, esta sesión de clausura celebrouse na Casa do Saber coa conferencia da profesora Carolina Casal Chico e a asistencia de representes de Mondoñedo e Monterroso.

Como lembraremos, o programa Camiños de Coñecemento e Experiencia levou este ano formación sobre diversos ámbitos da cultura e da investigación (economía circular, cinema, matemáticas, desenvolvemento rural) aos nosos concellos.

Ademais, recentemente foi formalizada a adhesión firme de Ribeira como sede permanente do programa de cuarto ciclo da Universidade de Santiago.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...