Un motorista resultou ferido de gravidade tras sufrir un accidente en Rianxo

09 Novembro 2023


O motorista necesitou a axuda dos servizos de emerxencia na tarde de hoxe tras sufrir lesións de carácter grave como consecuencia dun accidente de tráfico rexistrado no lugar de A Atalaia, na parroquia de Asados, no concello coruñés de Rianxo.

A chamada de alerta á central do 112 Galicia foi efectuada escasos minutos antes das 17 horas da tarde por un particular implicado na emerxencia. Durante a comunicación cos xestores do 112, a persoa informaba que tivera un accidente contra unha moto e que o motorista atopábase ferido e precisaba asistencia sanitaria.

Decontado, desde o 112 Galicia pasouse aviso aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos bombeiros de Boiro, á Garda Civil, aos axentes da Policía Local e aos membros de Protección Civil de Rianxo.

Nun principio, os equipos de intervención expuxeron a posibilidade de mobilizar ao helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela, pero esta opción quedou descartada ao comprobar que as condicións climáticas eran desfavorables para o desprazamento da aeronave.

Finalmente, o ferido foi trasladado en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.

R

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.