Xoves con nubes e claros e chuvias illadas. Aviso alerta laranxa na costa

08 Novembro 2023

Despois do paso da fronte, o xoves quedaremos na zona de chuvascos con entrada de aire frío. Así, os ceos estarán alternando nubes e claros, con chuvias illados e ocasionais menos probables no interior. As temperaturas sufrirán un descenso máis acusado nas mínimas. O vento soprará frouxo de compoñente oeste con intervalos fortes no mar.

Atención para xoves 09

Situación complicada no mar a partir do mediodía en todo o litoral. Mar combinada do oeste con ondas superiores aos 5 metros. Intervalos de forza 7 do oeste entre Ortegal e a Mariña Occidental en mar aberto.

meteogalicia

O noso mar: Vento do oeste á mañá e á noite e do oeste á tarde, forza 1 a 3 á mañá, 3 a 5 á tarde e 2 a 4 á noite. Mar ovellado á mañá e á noite e forte marusía á tarde. Visibilidade boa á mañá e regular á tarde e á noite. Mar de fondo do oeste á mañá e noroeste á tarde e á noite, con ondas de 2.5 a 3.5 metros á mañá, 4 a 5 metros á tarde e 5 a 6 metros á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.