As malas previsións meteorolóxicas obrigan a adiar o XVII Día do Peón de Lousame

08 Novembro 2023

O Concello de Lousame informa de que as malas previsións meteorolóxicas para mañá xoves 9 de novembro obrigan a adiar a celebración do XVII Día do Peón. A decisión foi tomada este mércores entre a entidade organizadora, Briquedia, o CPI Cernadas de Castro e o Concello de Lousame, que tratarán de celebrar o acto ao longo da próxima semana, se ben aínda non hai unha data fixada.

Tal e como se anunciara na presentación deste evento, a meteoroloxía ía xogar un papel determinante na celebración do Día do Peón e que se adiaría no caso de que mal tempo. De feito, diante das malas previsións para o sábado en Lousame, esta semana xa se decidira adiantar o evento dous días e trasladalo a un recinto máis a cuberto como é o parque de San Roquiño. Finalmente, diante da previsión de fortes choivas que imposibilitaría a celebración tanto do lanzamento colectivo de peóns como do magosto, acordouse adiar o evento.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.