Ribeira despide o curso de introdución á lingua e á cultura galegas coa entrega dos diplomas

10 Novembro 2026

Unha vintena de alumnos e alumnas participaron na terceira edición do curso de introdución á lingua e á cultura galegas impartido polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ribeira, co apoio da Xunta de Galicia (Secretaría Xeral da Lingua), durante o mes de outubro na Casa da Xuventude.

A concelleira de Educación e Promoción da Lingua, Nucha Brión, participou na entrega dos diplomas que acreditan a formación durante 20 horas. Tamén estivo a responsábel de Normalización Lingüística do Concello de Ribeira, Alicia Padín.

“Seguimos traballando por fomentar o uso do galego en diferentes ámbitos da poboación e contextos da sociedade. Desta vez, esta acción formativa estivo dirixida para todas aquelas persoas que non están familiarizadas coa nosa cultura e idioma, como unha primeira toma de contacto na que xa adquiriron coñecementos para, pouco a pouco, ir adquirindo maior destreza”, manifestou a edil.

A isto engadiu que este curso “é un exemplo máis do bo facer na acollida das persoas que acaban de chegar ao noso municipio ao estar orientado a poboación de orixes lingüísticas diferentes do galego. Nesta ocasión, tivemos a persoas de procedencias tan diversas como Mauritania, Venezuela, Marrocos, Perú ou Brasil”.

Outros artigos

A creatividade dos escolares de Ribeira volverá ilustrar o Nadal

O Concello de Ribeira lanzou unha nova edición do Concurso Escolar de Deseño de Cartel e Postal de Nadal no que, unha vez máis, a creatividade da rapazada volverá ser a protagonista. Este certame repartirá 300 euros baixo o formato de bonos para mercar no comercio...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereitos sociais e narcisistas” – José Manuel Pena

“Dereitos sociais e narcisistas” – José Manuel Pena

Quen pode estar en contra do incremento do Salario Mínimo Interprofesional, do incremento dos orzamentos para a sanidade pública, a educación pública, para a construción de vivendas públicas; para o mantemento e incremento do ingreso mínimo vital ou das pensións non...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.