Villaverde presenta a nova campaña de Galicia Sabe aMar, que percorrerá as catro provincias reivindicando os nosos peixes mariscos

10 Novembro 2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou hoxe en Vigo na presentación da nova campaña de foodtrucks de Galicia Sabe aMar, unha iniciativa coa que a Xunta busca promocionar e fomentar o consumo dos produtos pesqueiros e da acuicultura galega en toda a comunidade durante o período 2026-2028. Acompañada polos delegados territoriais da Xunta nas distintas cidades, a responsábel autonómica iniciou en Vigo o percorrido de presentación das catro novas unidades móbiles polas catro provincias galegas e seguiu o seu itinerario achegándose a Ribadavia (Ourense), Lugo, A Coruña e Ferrol.

Segundo explicaron, a nova campaña desenvolverase mediante rutas gastronómicas itinerantes que permitirán achegar á cidadanía diferentes elaboracións a base de peixes e mariscos galegos. As foodtrucks poderán participar en distintos tipos de eventos, como feiras, festas populares, encontros deportivos ou actividades educativas, ofrecendo degustacións e dando a coñecer a variedade e as posibilidades culinarias dos produtos do mar.

A iniciativa pretende “achegar os produtos do mar en distintas elaboracións como navallas á prancha, croquetas de choco ou empanada de bonito, entre outras, tanto ás localidades costeiras como ás do interior, favorecendo o contacto directo da cidadanía con estes manxares”.

A xornada de presentación comezou a primeira hora da mañá nas inmediacións da Delegación territorial da Xunta en Vigo. Posteriormente, a conselleira continuou a ruta no Castelo de Ribadavia, en Ourense, antes de desprazarse á praza Maior de Lugo. A primeira hora da tarde, Villaverde trasladouse á contorna da Torre de Hércules, na Coruña, e rematou a ruta no peirao de Curuxeiras, en Ferrol.

A campaña naceu coa finalidade de “fomentar o consumo de produtos pesqueiros e marisqueiros, divulgar as súas propiedades nutricionais e poñer en valor o traballo dos profesionais do sector marítimo-pesqueiro”.

A nova campaña, co-financiada con fondos europeos a través do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), realizarase ao longo de 24 meses e seguirá achegando os produtos do mar galego á cidadanía mediante estas accións gastronómicas e divulgativas, que, segundo confirmou a conselleira, “nesta primeira xornada está xa está tendo unha grande acollida polas cidades polas que vai pasando”.

Outros artigos

A creatividade dos escolares de Ribeira volverá ilustrar o Nadal

O Concello de Ribeira lanzou unha nova edición do Concurso Escolar de Deseño de Cartel e Postal de Nadal no que, unha vez máis, a creatividade da rapazada volverá ser a protagonista. Este certame repartirá 300 euros baixo o formato de bonos para mercar no comercio...

+

Familias de Rois achegan propostas para facilitar a crianza en galego

Familias do Concello de Rois participaron o pasado sábado, 7 de novembro, na xornada Criar en galego, acompañadas pola concelleira de Educación, Cultura e Lingua, Victoria Quiroga, e pola técnica de Normalización Lingüística municipal, Inmaculada Seage. O encontro...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereitos sociais e narcisistas” – José Manuel Pena

“Dereitos sociais e narcisistas” – José Manuel Pena

Quen pode estar en contra do incremento do Salario Mínimo Interprofesional, do incremento dos orzamentos para a sanidade pública, a educación pública, para a construción de vivendas públicas; para o mantemento e incremento do ingreso mínimo vital ou das pensións non...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.