O Centro Social de Boiro acolle este mércores 8 de novembro un obradoiro práctico sobre convenios reguladores ao abeiro das actividades do programa Muller e Saúde, impulsado polo Concello. Será este mércores ás 10.00 horas (e até as 12.00 horas). A sesión informativa porá o foco en achegar claves e recursos sobre as medidas adoptar cos menores ao remate dunha relación de parella. Será impartida por María Pozas, avogada do Centro de Información da Muller (CIM) de Boiro. Quen precise máis datos sobre a actividade pode chamar ao CIM: 981 844 400.




