Rematou a Mostra Mares da Fin do Mundo (en Outes) con gastronomía de Portosín, filmes históricos portugueses e a entrega de premios

06 Novembro 2023

A VI edición da Mostra Internacional de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo celebrou a última das cinco xornadas programadas este domingo 5 de novembro. A Mostra, organizada pola Asociación Cultural Mares da Fin do Mundo e patrocinada pola Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia e o Concello de Outes, comezou a última xornada coa xa habitual demostración gastronómica a cargo de profesionais locais pertencentes á Asociación de Hostalaría Ría da Estrela. Nesta edición, gracias á colaboración coa Confraría de Pescadores San Andrés de Portosín a través da súa marca Azul de Portosín, os participantes puideron degustar pratos elaborados con produtos de proximidade. A Asociación estivo representada por Restaurante A Muradana, Casa Peto Outes, así como polo Taboleiro e Asador Albatros, encargados da elaboración dos pratos.

No relativo ás proxeccións, nesta quinta xornada os asistentes puideron ver a sección Popa, dedicada á proxección de arquivos e filmes históricos. Nesta sexta edición, esta sección contou coa colaboración da Cinemateca Portuguesa — Museu do Cinema a través do Proxecto FILMar, que ten como obxectivo a identificación, preservación, dixitalización e promoción do patrimonio fílmico relacionado co mar, contribuíndo a un maior coñecemento da presencia do mar na historia do cinema portugués.

Para esta sección, escolléronse cinco títulos que reflicten a diversidade das artes, métodos de preservación e tratamento da pesca, amosando como esta era unha práctica social e comunitaria, en moitos casos motor de resistencia fronte ás violentas e inxustas condicións de traballo dos pescadores e das súas comunidades. “Os filmes son exemplos documentais dun tempo vivido e herdado”, explicouse. De xeito especial, proxectouse un dos primeiros documentos históricos da pioneira Invicta Films, que no 1913 rexistrou O naufraxio do Veronese, que saíra do porto de Vigo, nunha fría noite de xaneiro, para naufragar na costa portuguesa. As outras catro obras foron: A almadraba atuneira, de António Campos (Portugal, 1961), Tin Sardines, de Leitao de Barros (Portugal, 1935), Pesca do bacalhau, de Fims Sanmael (Portugal, 1931) e A indústria baleeira, de José César de Sá e António Antunes da Mata (Portugal, 1932).

Por primeira vez na Mostra, o público puido deleitarse co acompañamento de música en directo para algúns filmes silentes desta sección, gracias ao labor do compositor Iván Rodríguez Armán e a interpretación ao piano de Paulo Brasil.

A continuación comezou o acto de clausura desta VI edición coa entrega de premios aos filmes participantes na Competición Oficial. O gañador do Premio do Público, que recibiu o trofeo O Sancosmeiro e unha dotación económica de 1000 € foi Daughter of the Sea, de Nicole Gormley & Nancy Kwon (Estados Unidos/Corea do Sur, 2023). O filme Squid Fleet, dirixido por Ed Ou e Will N. Miller (Estados Unidos, 2023) recibiu o trofeo O Faro, outorgado por un xurado profesional á

Mellor Película da Competición Oficial, recibindo asemade unha dotación económica de 2000 €. A maiores, o xurado outorgou unha Mención Especial ao filme Haulout, de Evgenia Arbugaeva & Maxim Arbugaev (Reino Unido/Rusia, 2022). Como colofón e, para dar por rematada a VI edición da Mostra, os asistentes ao acto de clausura puideron desfrutar da proxección dos dous filmes premiados.

A Mostra Internacional de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo está organizada pola Asociación Cultural Mares da Fin do Mundo, coa colaboración na dirección e produción de ABA Films e o apoio, entre outros, da Deputación da Coruña, a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e o Concello de Outes. Así mesmo, MDFDM forma parte de Proxecta (Coordinadora Galega de Festivais de Cinema, integrada na federación estatal Pantalla).

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.