“Pode co-gobernar España quien leva no seu ADN o desexo de rompela?”. Antón Luaces

01 Novembro 2023
Antón Luaces

Nadando nun grande mar de dúbidas a maior parte do pobo español está a preguntarse se é posible “casar” (outros din “coser”) os intereses dunha España tan marcadamente autonómica na súa constitución que moi ben podería ser considerada federal, cos dunha España na que a estabilidade do Goberno depende de aqueles que, en grande medida, levan no seu ADN cando menos o desexo de romper os vínculos da histórica unión que a sustentan?.
Canto de lonxe pode estar a idea do independentismo dun goberno en funcións que dí asumir a negociación de propostas como a amnistía de centos de cidadáns da Catalunya polos feitos de 2017 e con ela, teóricamente, a tan debatida autodeterminación (que tamén tería moitos seguidores en Catalunya, Euskadi e, en menor medida, en Galicia, Valencia e Andalucía)?.
Preguntóuse no seu día -xa van aló sete anos- o finado Alfredo Pérez Rubalcaba se verdadeiramente se pode gobernar España con alguén que quere rompela. E a resposta semella estar clara para aqueles que non admiten unha negociación de tales características, agás no caso de que esta conclúa outorgando ao partido ou partidos unha posibilidade tan sumamente recurtada/limitada que desbotarían a mesma porque, en boa lei, non darían un paso adiante na independencia.
España xa probou a fórmula e os españois, en boa medida, aceptaron na última convocatoria electoral do 23X, a experiencia dando ao PP a maioría de votos, pero deixando na suma dos escanos do Congreso dos Deputados a posibilidade de repetila porque o Partido Popular non foi quen, como é ben sabido, de acadar os votos necesarios para conformar unha maioría de goberno.
Agora mesmo semella que o PSOE ten nas súas mans a posibilidade de repetir a vivencia dun goberno progresista cos apoios de Sumar, Bildu, PNV, Junts, ERC e BNG, quedando a coaligación PP-VOX con só os apoios do navarros (UPN) e os canarios (CC).
As liñas vermellas marcadas inicialmente por uns e outros para conformar goberno semellan ter sido respectadas por PNV e BNG: os bascos a VOX e os galegos ao PP e VOX. Os demáis foron acomodándose en función dos seus intereses políticos. Váise demostrar na sesión de investidura de Pedro Sánchez como novo presidente do goberno español previsiblemente esta semana.
A investidura do candidato socialista está prácticamente decidida. Non así os apoios necesarios para o goberno, que Pedro Sánchez deberá negociar para aprobar no Congreso as súas propostas, tendo en conta que aquelas que deban pasar o trámite do Senado teñen un moi serio atranco: a maioría do PP na Cámara Alta.

Outros artigos

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

+

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

+

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

+

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.