Carlos Callón e As Tanxugueiras, Premios da Critica 2023

28 Outubro 2023

 

Este sábado 28 de outubro deuse a coñecer dende a sede de Afundación en Vigo o palmarés da XLVIª edición dos Premios da Crítica de Galicia nas súas modalidades de Creación Literaria, Investigación, Música, Iniciativas Culturais e Científicas, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Cine e Artes Audiovisuais e Cultura Gastronómica.

Baixo o lema Galicia é un país propio, non é unha xeografía habitada, de Francisco Fernández del Riego, xuntáronse trescentas persoas representativas dos diversos ámbitos da política, da sociedade e da actividade cultural do país, entre as que se atopaban Ana Ortiz, delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo; Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura; Gorka Gómez, concelleiro de Cultura do concello de Vigo, ademais de diversas alcaldías, deputadas do Parlamento Galego e representacións do asociacionismo cultural e profesional.

A homenaxe a Bieito Ledo

Conducido polo xornalista Xosé María Palmeiro, no transcurso do acto Bieito Ledo Cabido foi recoñecido como presidente fundador da asociación Premios da Crítica de Galicia.

O xurado da XLVIª edición dos Premios da Crítica de Galicia da modalidade de Creación literaria acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas: Barroco (Apiario) de Antía Otero, Materia (Xerais) de Yolanda Castaño, Ninguén queda (Euseino) de Brais Lamela e Os seres queridos (Xerais) de Berta Dávila.

Tras as derradeiras deliberacións, acordou outorgar por maioría o premio a Os seres queridos de Berta Dávila.

O xurado da XLVIª edición dos Premios da Crítica de Galicia da modalidade de Investigación acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas: A defunción dos sexos. Disidentes sexuais na Galiza contemporánea (Xerais) de Daniela Ferrández Pérez; O libro negro da lingua galega. Quiñentos anos de represión e silenciamento (Xerais) de Carlos Callón e Maternidades virtuosas. Unha crítica aos moldes profesionais da crianza (Galaxia) de María do Cebreiro Rábade Villar.

Tras as derradeiras deliberacións, acordou outorgar por unanimidade o premio ao ribeirense Carlos Callón, por O libro negro da lingua galega.

O xurado salientou a capacidade da obra para unir e compilar unha cantidade inxente de documentación, combinando o ton divulgativo coa rigorosidade da investigación.

Pol que se refire á modalidade de Iniciativas Culturais e Científicas, o xurado acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas: aCentral Folque, Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (Culturmar), Agrupación Astronómica Coruñesa Ío e Fundación Eduardo Pondal.

Tras as derradeiras deliberacións, acordou outorgar por maioría o premio a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío.

Polo que respecta á modalidade de música, o xurado acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas: Xosé Miguélez, Antía Muíño e As Tanxugueiras.

Tras as derradeiras deliberacións, acordou outorgar por maioría o premio a As Tanxugueiras, no que milita a aguiñense Aída Tarrío. Do grupo xurado salientou o “seu compromiso coa identidade, a cultura e a lingua galegas, a súa defensa do feminismo, a súa influencia inusual na xente máis nova facendo que se identifique co noso, o reforzo positivo da idea de galeguidade e a súa proxección tanto musical como mediática, tanto fóra como dentro das nosas fronteiras”.

Na modalidade de Artes Plásticas, o xurado acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas: Uqui Permui, Manuel Segade, Teresa Táboas e Cynthia Alfonso e Óscar Raña: Unha leira de millo (Espazo Sirvent de Vigo, 2022).

Tras as derradeiras deliberacións, acordou outorgar por maioría o premio a Teresa Táboas.

O xurado salientou o seu labor no eido dunha arquitectura humanista asentada na cultura e o territorio que pon de manifesto a relevancia desta disciplina e as artes plásticas en xeral para a calidade de vida dos cidadáns nunha valiosa confluencia da estética e a arte coa funcionalidade e o benestar.

Na modalidade de Artes Escénicas, o xurado acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas: Quico Cadaval, Paula Carballeira, Mofa e Befa e Teatro Ensalle.

Tras as derradeiras deliberacións, acordou outorgar por maioría o premio a Teatro Ensalle.

O xurado salientou a oportunidade de outorgar o galardón ao Teatro Ensalle en recoñecemento aos seus vinte anos como espazo escénico independente na cidade de Vigo e pola dimensión colectiva do proxecto.

Na categoría de Cine e Artes Audiovisuais, o xurado acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas: Pepe Coira, guionista; Chelo Loureiro, produtora e directora e Novos Cinemas. Festival Internacional de Cinema de Pontevedra.

Tras as derradeiras deliberacións, acordou outorgar por maioría o premio a Pepe Coira.

O xurado salientou a súa prolífica actividade, incansábel e comprometida coa creación audiovisual en Galicia.

Na modalidade de Cultura Gastronómica, o xurado acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas: Proxecto «Amas da Terra. As mulleres que sosteñen a gastronomía» de Lucía Freitas, Restaurante Beiramar do Grove, «Estrelas no Camiño. Evento gastronómico solidario» e Restaurante Pepe Vieira.

Tras as derradeiras deliberacións, acordou outorgar por unanimidade o premio a Estrelas no Camiño.

O xurado salientou que Estrelas solidarias no Camiño de Santiago é un dos máis relevantes gastronómicos de España, o que lle engade unha característica solidaria que lle outorga unha singularidade moi particular.

Esta XLVIª edición dos Premios da Crítica de Galicia estivo patrocinada polo Concello de Vigo, a Xunta de Galicia e a Deputación provincial de Pontevedra, sendo entidades colaboradoras Afundación, Sargadelos, Terras Gaudas, Joaquín Rebolledo e Coren.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.