Cultura da Deputación presenta en Boiro o libro “A cultura é un dereito. Unha visión social da cultura”

28 Outubro 2023

O boirense Pazo de Goiáns acolleu a presentación do libro “A cultura é un dereito. Unha visión social da cultura”, publicado pola Deputación da Coruña, que plantexa unha reflexión sobre a situación actual da xestión cultural en Galicia, e as novas tendencias e o camiño que se debe seguir no sector.

A deputada de Cultura, Natividad de Jesús González, foi a encargada de presentar a publicación, acompañada do alcalde de Boiro, José Ramón Romero; a concelleira de cultura de Boiro, María Outeiral; o coordinador de Barbantia, Pastor Rodríguez e o coordinador do volume, Alberto García nun acto organizado pola Asociación Cultural Barbantia, a Deputación da Coruña e La Voz de Galicia.

Este libro, destinado a converterse nunha ferramenta para profesionais e outros axentes culturais da provincia, conta con dez capítulos que tratan de dereitos e de políticas culturais, de tendencias actuais —sostibilidade, accesibilidade ou igualdade en cultura— e tamén do estado no que se atopan sectores como a danza, o teatro, a poesía, os festivais de música, as bibliotecas ou os museos locais, entre outros.

Coordinado polo técnico e dinamizador sociocultural Alberto de Boiro, recopila os contidos das quince xornadas que a Deputación organizou nos últimos cinco anos baixo o lema ‘A cultura é un dereito’, onde máis de 150 profesionais de referencia, como Xavier Campos, Sabela Mendoza, Marcos Lorenzo, Encarna Lago, Sergio Lago, Clara R. Cordeiro, Roberto Pascual, Sivia Fiallega, Fran Quiroga, Andra Barreira, Carlos Lorenzo, Arancha Estévez, María Baqueiro ou o propio Alberto de Boiro, interviñeron en diferentes formatos que se poden ler ou ver de novo seguindo os enlaces que inclúe a publicación.

Esta iniciativa enmárcase no compromiso da área de cultura da Deputación da Coruña de contribuir á actualización do modelo cultural do presente e do futuro, entendendo a cultura como un dereito cidadán e atendendo á súa capacidade de transformación social.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.