Juan Escudero, gañador do Premio Jesús Núñez de arte gráfica da Deputación

24 Outubro 2023

A área de Cultura da Deputación da Coruña concedeu o XVIII Premio Internacional Jesús Núñez de arte gráfica ao artista vasco Juan Escudero, pola súa obra 10 grados. Este primeiro premio consiste nunha dotación de 6.500 € e unha exposición na Fundación CIEC

Nunha edición con 114 propostas participantes, o xurado outorgou os dous accésits a Mateus Patryck de Oliveira, por Painbody I e a Maite Pinto, obra sen título, que recibirán unha bolsa de formación nun Curso do Máster sobre obra gráfica impartido pola Fundación CIEC.

O xurado, composto por Myriam Gelasaga –gañadora da anterior edición-, Susana González Martínez, Antonia Fraga Lombardero, Brita Prinz e Eva Vila Pou e presidido pola responsable da área de Cultura da Deputación da Coruña, Natividad de Jesús González, coa xefa de Servizo de Acción Cultural, Manuela Muñiz Souto, como secretaria, reuniuse na Fundación CIEC, en compañía do comisario do premio, Pedro González Galilea, e da administrativa da Fundación, María Sánchez.

Así, declararon a obra 10 grados de Juan Escudero como gañadora “pola destreza técnica e cromática adaptada a unha sensibilidade extrema, denotando un traballo minucioso, suxestivo e moi persoal”, sinalou o xurado no seu ditame.

Trátase dunha serie inspirada “nas ondas do mar, expresadas en frecuencias e  vibracións. A base do traballo non é representar algo, senón activar un proceso de crecemento e construción natural e así prodúcense formas recoñecibles”, sinala o artista Juan Escudero.

Un ano máis, a Deputación celebra este certame, que naceu no ano 2006 co obxectivo de poñer en valor o talento na arte gráfica, e que é xa un referente neste ámbito.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.