
Non se agardan cambios significativos para o xoves, xa que Galicia continuará na influencia das borrascas atlánticas, que enviarán unha fronte moi activa. Con esta situación, agárdanse ceos cubertos con chuvias máis intensas nas primeiras horas do día e co avance da mañá iremos quedando na zona de chuvascos, con apertura de claros e chuvias que xa terán carácter intermitente. As mínimas sufrirán un lixeiro descenso mentres que as máximas apenas terán cambios. O vento soprará moderado de compoñente oeste, con intervalos fortes no litoral e zonas altas.

meteogalicia
O noso mar: Vento do oeste á mañá e do oeste á tarde e á noite, forza 5 a 6 á mañá e 4 a 5 á tarde e á noite. Forte marusía. Visibilidade mala á mañá e regular á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 3 a 4 metros.

Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota



