Este xoves comezan as Xornadas Sociosanitarias de Outes cun achegamento ás doenzas crónicas

25 Outubro 2023

Este xoves 26 de outubro vaise celebrar primeira xeira das Xornadas Sociosanitarias (convocatoria XVIII) que organiza na Casa da Cultura de Outes o médico local José Dios Diz, coa colaboración co Concello, a asociación ADISBISMUR, a Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría, a Asociación Cultural Terra de Outes e a Universidade de Santiago.

Como dixemos, a axenda comeza o vindeiro xoves 26 de outubro coa charla Enfermidades crónicas: HTA diabetes, artrose… tratamentos actuais e seguimento, a cargo de Antonio Pose Reino, doutor de Medicina Interna do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

Con esta cita, coordinada por Xosé María Dios Diz, darán comezo as XVII Xornadas de Información Sociosanitaria de Outes e as III Xornadas do Programa Universitario de Maiores en Outes (IV Ciclo da Universidade de Santiago). Dende a organización pregan que se confirme a asistencia a través do 981 850 575.

As persoas que asistan terán unha certificación da USC.

Curso 2023-2024

A nova edición das Xornadas Sociosanitarias de Outes celebrarase entre outubro deste ano e maio do seguinte, o último xoves de cada mes ás 18.30 horas. O programa vén composto de sete conferencias-coloquio, coordinadas polo doutor Xosé María Dios Diz.

Logo da cita deste xoves, as actividades proseguirán o 30 de novembro, con Situacións de emerxencia e como actuar, charla impartida por Isabel Moares Rei, traballadora do Servizo de Emerxencias 112.

O 14 de decembro volven as actividades de divulgación con Economía e saúde, a cargo de Adrián Dios Vicente, doutor en Económicas.

Os relatorios proseguen o 29 de febreiro de 2024 con O exceso de radon e a súa prevención, a cargo de Alberto Ruano Raviña, doutor de Medicina Preventiva – Máster de Saúde de Pública da USC.

O 21 de marzo será a quenda de Luis Mayo Suárez, que falará do Coñecemento da poboación dos efectos do radon na saúde. Luis Mayo é licenciado en Medicina e Cirurxía, amais de alumno do TFG.

O 17 de abril, Miguel Vázquez Vázquez, especialista en Xeriatría e Xerontoloxía Social e director de CALIGERS, impartirá a charla Soidade na idade adulta. Estratexias preventivas e alternativas de vida para a vellez.

As xornadas rematarán o 30 de maio, con Saúde mental: saber pedir axuda, a cargo de Rosa Cerqueiro Landín, psicóloga do Complexo Universitario de Conxo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.