Dodro celebra este sábado unha xornada de “plogging” (exercicio na natureza e recollida de lixo)

26 Outubro 2023

O Concello de Dodro, en colaboración da Deputación da Coruña, organiza este sábado 28 de outubro unha xornada de plogging a disposición de residentes e visitantes. Trátase dunha xeira deportiva, saudábel e sustentábel na que se convida ás persoas participantes a exercitarse ao tempo que recollen residuos da natureza: plásticos, briks, latas, botellas, etc.

Segundo informa o Concello de Dodro, “trátase dunha práctica que comezou en Suecia hai uns anos e foi estendendo por outros países, incluíndo rutas de sendeirismo por parellas combinadas coa recollida de refugallos e con premios a quen máis lixo apañe”, sendo este o formato elixido para a xeira ambiental deste sábado en Dodro, que ten, segundo informan dende o Concello, a gran vantaxe de ofrecer dúas propostas nunha única xornada: exercicio e ecoloxía nun só día.

Como dixemos, haberá trofeos para as parellas que máis cantidade de plásticos, latas e briks apañen e, tamén, para as que máis quilómetros percorran.

Quen precise máis información pode poñerse en contacto co Concello (Departamento de Deportes, a través do teléfono 981 802 532 ou a conta de correo deportes@dodro.gal).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.