“Vigo, capital mundial da pesca conxelada, aposta por un ERTE para o sector pesqueiro”. Antón Luaces

04 Outubro 2023

O Goberno español solicitou da Comisión Europea a aplicación dun PERTE (Proxecto Estratéxico de Recuperación e Transformación Económica) para o sector pesqueiro, co obxectivo de incentivar a economía deste sector clave para Galicia, entre outros territorios.

Así o trasladou este martes, en Vigo, a directora xeral de Pesca Sostible, Mónica Corrales, durante o acto inaugural da feira mundial CONXEMAR, que reúne no recinto feiral da cidade olívica máis de 750 empresas de 45 países que ocupan 370.000 m2. de superficie expositiva que se espera visiten non menos de 26.000 profesionais chegados dos cinco continentes.

No mesmo acto reclamóuse a aplicación da baixada do IVE aos produtos do mar, que permita que a industria de transformación pesqueira poda acollerse ás axudas europeas, como reclama o sector, e unha lexislación europea que teña en conta a sostibilidade do sector tanto no ámbito medioambiental como social e económico. 

Outro dos pronunciamentos realizados nese acto foi o relacionado co regulamento europeo sobre a pesca de fondo, abordado polo alcalde de Vigo, Abel Caballero,  que reivindicou que as normativas deben estar amparadas en datos científicos, non como no caso da aplicación desa norma tan negativa para o sector pesqueiro galego.

Nesta XXIV edición da Feira Internacional de Produtos do Mar Conxelados que se clausurará este xoves, 5 de outubro,  queda unha firme esperanza sobre a posibilidade de que a UE aprobe o mecanismo de financiamento que é o ERTE e que, dun ou doutro xeito, pode contribuir a mellorar a situación dos maioristas, importadores, exportadores, transformadores, fabricantes, distribuidores, frigoríficos. maquinaria, industria auxiliar, etc., participantes nesta feira que é considerada como unha das máis importantes do mundo no seu ámbito e que acada nesta edición unha participación récord de expositores nos seus vinte e catro anos de existencia.

Outros artigos

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

+

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

+

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

+

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.