Este sábado o Concello da Pobra fará cortes de tráfico con motivo da VI Subida á Curota. Máis de douscentos corredores disputarán a carreira

06 Outubro 2023

Coa finalidade de garantir a seguridade no desenvolvemento da VI Subida á Curota que terá lugar no 7 de outubro, efectuaranse dous cambios no que respecta á circulación.

O carril na dirección a Ribeira da AC-302 permanecerá cortado dende as 16.30 ata as 20.30 horas. Tampouco se permitirá o tráfico durante ese período na estrada da subida á Curota dende Moldes (DP-6705).

A Subida á Curota reúne a modalidade de atletismo (carreira a pé) que abrangue da categoría sub-18 ata a máster; e a de ciclismo, que se divide do seguinte xeito: BTT (máster 30, máster 40 e máster 50) e bicicletas de estrada (cadete, júnior, sub-23, elite, máster 30, máster 40 e máster 50).

Trátase dunha proba que estima a participación de máis de 200 deportistas que deberán completar unha distancia de 9 quilómetros nun circuíto que ten como lugar de saída a praza Alcalde Segundo Durán e a meta na Curota.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.