A VI Subida á Curota celebrarase o 7 de outubro

29 Setembro 2023

Ciclistas e corredores teñen unha cita na Pobra do Caramiñal coa VI Subida á Curota prevista para o vindeiro 7 de outubro. Reúne a modalidade de atletismo (carreira a pé) que abrangue da categoría sub-18 ata a máster; e a de ciclismo, que se divide do seguinte xeito: BTT (máster 30, máster 40 e máster 50) e bicicletas de estrada (cadete, júnior, sub-23, elite, máster 30, máster 40 e máster 50).

Trátase dunha proba que estima a participación de máis de 200 deportistas que deberán completar unha distancia de 9 quilómetros nun circuíto que ten como lugar de saída a praza Alcalde Segundo Durán e a meta na Curota.

Inaugúrase así o calendario de competicións no outono, segundo indica o concelleiro dos Deportes, Eloy Sobrido, quen engade que será unha época na que non minguará o dinamismo deportivo e se seguirá promovendo a actividade física. O edil agradece tamén o labor da Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza e da Federación Galega de Atletismo, organismos promotores xunto coa Administración local, ademais da colaboración de Sport Bike e do Motoclub SinFrenos; recoñecemento que fai estensíbel ao dispositivo que velará pola seguridade, integrado pola Garda Civil, Policía local e Protección Civil.

As saídas efectuaranse a partir das 17.30 horas para a BTT -cada medio minuto, unha persoa participante-, ás 18.15 horas para a carreira a pé -conxunta- e nas 18.15 horas para as bicicletas de estrada -cada minuto, unha persoa participante-.

Unha vez concluído o evento deportivo, os e as deportistas serán trasladados en autobús ao lugar de saída para proceder á entrega de trofeos ás tres primeiras persoas clasificadas por categorías, así como ao repartimento de 1950 euros en premios económicos ós tres mellores tempos en carreira a pé, bicicleta de estrada e BTT.

As inscricións realizaranse a través da páxina web www.emesports.es, por un importe de 6 euros, ata as 23.59 horas do 5 de outubro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...