Máis de 1.700 persoas persoas participaron na XII Limpeza Simultánea de Praias de ADEGA (con trallos na Lombiña, en Coira, en Gafa e en Coroso)

11 Outubro 2023
O voluntariado que traballou a xeira ambiental de Coroso, en Ribeira


A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA) xuntou a pasada fin de semana unhas
1.750 persoas voluntarias para limpar os areais galegos. Incluíronse no plan de traballo limpezas en Coroso (case 400 quilos de lixo retirados por unha trintena de voluntarias e voluntarios de Ribeira) e na praia da Lombiña (máis de 60 quilos de refugallos sacados da area pola rapazada de Educación Primaria). As nenas e nenos de CEIP Portosín e a mocidade do IES de Porto do Son tamén baixaron ás praias locais para retirar plásticos e outros materiais. No caso de Portosín actuouse nos areais de Gafa e de Coira.

A nivel galego, preto de 40 entidades e máis de 1750 persoas sumaron os seus esforzos ao longo do litoral galego para limpar as praias e denunciar a problemática ambiental do lixo mariño durante a pasada fin de semana (6 e 7 de outubro).

Nesta duodécima edición da Limpeza Simultánea de Praias retirouse, en total, máis dunha tonelada de lixo dos nosos areais.

Segundo explicou ADEGA, o tempo acompañou o voluntariado nesta ocasión e moitas das persoas aproveitaron os seus areais acabados de limpar para pasar unha tarde de lecer, despois dun trabalo ben realizado.

Os rapaces do CEIP de Portosín retirando residuos das pedras

Na actividade participaron centros de ensino, asociacións, escolas de surf, particulares de todo o territorio galego, que traballaron de xeito organizado na praia elixida por cadaquén.

De entre o lixo retirado, tiveron moita presenza as cabichas, os pauciños dos ouvido, toalliñas e
produtos de hixiene e, como vén sendo habitual, restos plásticos. Ademais, adoitan aparecer residuos
menos convencionais como calzado, traxes de baño, tubos, sinais de tráfico, rodas…

Con este tipo de accións, a organización pretende poñer o foco sobre a problemática dos residuos nos
nosos areais despois da tempada turista, así como a importancia de conservar a nosas praias libres de
lixo para evitar que acabe no mar. Ademais, ADEGA incide en que as limpezas de praias non deben
de ser feitos illados, e convida a calquera persoa a recoller o lixo do noso litoral sempre que poida e de
xeito manual, con respecto polos ecosistemas dunares e con especial coidado coa fauna e flora que
nelas habita.

ADEGA agradeceu enormemente a participación de todas as persoas que organizaron a xornada e
participaron como voluntarias en todas as limpezas.

A rapazada da Pobra baixou á praia da Lombiña

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.