Alumnado da Primaria da Pobra retirou 63 quilogramos de lixo da praia da Lombiña

06 Outubro 2023

O Concello da Pobra do Caramiñal, a través da súa participación na XII Limpeza Simultánea de Praias convocada para estes días pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), impulsou este venres 6 de outubro unha xeira colectiva de retirada de lixo costeiro, protagonizada por nenas e nenos do termo municipal.

O escenario elixido foi a praia da Lombiña, na mañá deste 6 de outubro. O concelleiro do Medio Ambiente, Xosé Lois Piñeiro, explicou que se optou por dirixir esta acción á comunidade educativa co obxectivo de “concienciar as novas xeracións na loita contra a contaminación mariña, na importancia da preservación das contornas naturais e para facer as crianzas parte activa deste tipo de iniciativas que complementan as sesións de sensibilización que se lles levan aos colexios”.

Así, preto de corenta estudantes da primaria da localidade (a metade do 6.° curso de Primaria do CEP Salustiano Rey Eiras e un grupo do 5.° curso do CEP Pilar Maestú Sierra) participaron nesta xornada de voluntariado ambiental na cal lograron retirar 63 quilogramos de lixo do referido areal, nunha actividade que contou coa colaboración da Protección Civil.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.