O voluntariado de Ribeira (coa implicación de Ambar, Concello e Amas de Casa) liberou Coroso de plásticos

09 Outubro 2023

Arredor dunha trintena de voluntarias e voluntarios participaron o sábado 7 de outubro en Coroso (Ribeira) nunha xeira de limpeza de lixo abeirada á convocatoria de ADEGA en toda Galicia (XII Limpeza Simultánea de Praias). Participaron membros do Goberno local e tamén un nutrido grupo de integrantes da comunidade de Ambar, e contouse ademais co colectivo local de Amas de Casa para garantir o avituallamento das voluntarias e voluntarios.

O Concello proporcionou luvas e bolsas aos voluntarios, que retiraron un total de 390 kg
de residuos, na maioría microplásticos. A xornada estendeuse por dúas horas.

A edil Antía Alberte explicou que “o lixo que se acumula nas praias pode ser arrastrado polas mareas cara ao océano, polo que este tipo de limpezas contribúen a previr a contaminación no noso mar”. Apañáronse principalmente plásticos (cada vez máis presentes nos nosos mares, e máis presentes, tamén, na cadea alimentaria, afectando gravemente á saúde dos seres vivos e, por suposto, dos humanos), aínda que tamén cabichas e aparellos de pesca.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.