O 26 de outubro comeza a XVIII edición das Xornadas Sociosanitarias de Outes, cunha charla sobre doenzas crónicas

13 Outubro 2023

O concello de Outes vai acoller no Centro Social unha nova edición das Xornadas Sociosanitarias (convocatoria XVIII) que organizan José Dios Diz, médico local de Atención Primaria e o Centro de Saúde, o Concello, a asociación ADISBISMUR, e a USC, entre outras entidades. A nova edición celebrarase entre outubro deste ano e maio do seguinte, o último xoves de cada mes ás 18.30 horas. O programa vén composto de sete conferencias-coloquio, coordinadas polo doutor Xosé María Dios Diz.

A axenda comeza este 26 de outubro coa charla Enfermidades crónicas: HTA diabetes, artrose… tratamentos actuais e seguimento, a cargo de Antonio Pose Reino, doutor de Medicina Interna do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

As actividades proseguirán o 30 de novembro, con Situacións de emerxencia e como actuar, charla impartida por Isabel Moares Rei, traballadora do Servizo de Emerxencias 112.

O 14 de decembro volven as actividades de divulgación con Economía e saúde, a cargo de Adrián Dios Vicente, doutor en Económicas.

Os relatorios proseguen o 29 de febreiro de 2024 con O exceso de radon e a súa prevención, a cargo de Alberto Ruano Raviña, doutor de Medicina Preventiva – Máster de Saúde de Pública da USC.

O 21 de marzo será a quenda de Luis Mayo Suárez, que falará do Coñecemento da poboación dos efectos do radon na saúde. Luis Mayo é licenciado en Medicina e Cirurxía, amais de alumno do TFG.

O 17 de abril, Miguel Vázquez Vázquez, especialista en Xeriatría e Xerontoloxía Social e director de CALIGERS, impartirá a charla Soidade na idade adulta. Estratexias preventivas e alternativas de vida para a vellez.

As xornadas rematarán o 30 de maio, con Saúde mental: saber pedir axuda, a cargo de Rosa Cerqueiro Landín, psicóloga do Complexo Universitario de Conxo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.