O Concello de Outes convocou os concursos de decoración e postais de Nadal encadrados no programa conmemorativo e creativo Nadal en Outes.
O concurso de decoración vén con dúas categorías: unha para particulares e outra para establecementos comerciais e outras entidades. Para poder concursar haberá que cubrir a folla de inscrición dispoñíbel na web municipal.
Respecto do concurso de postais, poderá participar nel calquera persoa menor de idade e o prazo para presentar contribucións artísticas será ata o 22 de decembro.
Organizan o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Outes co apoio da Xunta (Secretaría Xeral da Lingua).





