O Club Remo Puebla pecha unha semana de grandes noticias deportivas. A Federación Española de Remo vén de convocar ao remeiro pobrense Yago Nine para participar nunha concentración intensiva do programa Proxecto Brisbane 2032 de captación de novas promesas na modalidade olímpica de Beach Sprint. A cita terá lugar do 4 ao 8 de decembro no Centro de Tecnificación Deportiva de Murcia, nos Alcázares, tras superar o deportista as probas de selección correspondentes.
Este recoñecemento coincide co excelente papel do club na 3ª Xornada da Liga Nacional Iberdrola de Remo de Mar, disputada este pasado sábado en Castropol (Asturias). A expedición pobrense regresou á casa con oito metais —dous ouros, catro pratas e dous bronces—, un balance que lle permite situarse na cuarta posición da clasificación xeral do campionato estatal.
RESULTADOS FIN DE SEMANA: 3ª XORNADA DA LIGA NACIONAL IBERDROLA DE REMO DE MAR
Os nosos remeiros desempeñaron unha extraordinaria papel este sábado en Castropol. Este foi o noso palmarés:
C1x absoluto masculino, C2x veterano mixto.
C2x cadete feminino, C1x veterano masculino, C1x xuvenil masculino, C4x absoluto masculino.
C1x xuvenil masculino, C2x xuvenil masculino.





